Second Chance

Imagen de Second Chance
Imagen de Second Chance

Nombre del grupo:
Second Chance
Origen del grupo:
Ourense
Tipo de música:
Hard Rock e alternativo
Nombre del tema:
Ilí­ada

Datos del grupo

Second Chance é un grupo ourensán de Hard Rock e alternativo, o cal ten como meta fundamental facer unha boa música e dar espectáculo.Percorrendo moitas variantes do Rock, como pode ser o metal, o rock&roll, o pop rock, funk o psicodélico, Second Chance é un grupo que quere chegar a todos os públicos e non deixar a ninguén indiferente nos seus concertos.

O repertorio abrangue tanto composicións propias dun estilo propio, e tamén versión de cancións de grupos moi coñecidos como por exemplo: Red Hot Chilli Peppers, System of a Down, Judast Priest, Metallica, Guns and Roses,etc. Con esta variedade o que intenta facer o grupo e que aparte de mostrar os seus temas, que a xente se implique nos concertos cantando as cancións tan mundialmente coñecidas.

A finalidade de Second Chance é divertir, e como se fai isto? Pois dando en todos e cada un dos concertos un espectáculo, innovando todo o posí­bel. O seu comportamento no escenario, o que se fai, como se fai, combinado con efectos visuáis, e como ben se apunta antes, a innovación fai dos seus bolos un grande espectáculo onde o que prima é a alegría e a diversión, tanto do seu público coma a súa.

Second Chance comeza a súa andaina hai algo máis de 3 anos, e aí­nda que non ten un percorrido moi longo, gracias a intensa actividade dos seus compoñentes logrou dar máis de cincuenta concertos, pola cidade de Ourense e por arredores da cidade.

Second Chance logrou compartir escenario con artistas internacionais como son The Deep End (de Melbourne, Australia) de The Grand Astoria (de San Petesburgo, Rusia), e a banda nacional Daylight (Barcelona). Tamén logrou tocar en festivais como o Rockpública de Ourense, compartindo escenario con grupos como Swiss Cottage con ex-membros dos Suaves, ou Demon Road.

A composición dos temas e a propia execución dos mesmos é posible gracias a formación musical dos seus membros que aí­nda que a media de idade é de vinte anos todos teéen profesores particulares, están en conservatorios, teñen actividades musicais complementarias, ou algún incluso é profesor de música.

Diego López (batería) comeza a súa andaina na música con oito anos no conservatorio de Ourense, logo de adentrarse no mundo da gaita conseguíu ser profesor de percusión con dezaseis anos. No momento actual colabora con diversas formacións de distinta í­ndole e estuda no RockSchool.

Luí­s (baixista) entra no mundo da música hai case cinco anos, cando merca o seu primeiro baixo. Comeza a ir a clase, onde principalmente aprendeu sobre teorí­a, o cal sempre reitera que o agradece, pero sobre técnica principalmente aprende de forma autodidacta.

Diego Conde (guitarrista) comeza a estudar violí­n no Conservatorio de Ourense xa dende pequeno, e posteriormente, ao mesmo momento de entrar no grupo, comeza os seus estudos no RockSchool (xa comezara coa guitarra hai uns anos). Actualmente tamén sabe tocar o piano.

Iván (guitarrista) comeza no mundo da gaita con 9 anos, logo descubre a súa paixón pola guitarra, estudando en escolas profesonais.

Marcelo (voz) empeza a cantar hai catro anos, aínda que xa anteriormente sentí­a afinidade polo canto, sempre lle gustou e agora maniféstase o seu afán como letrista e vocalista da formación.

Condicionados polo nivel económico, Second Chance non puido gravar ningún tema ate o momento actual, que estamos a piques de lanzar a nosa primeira maqueta.

En definitiva, SC é unha banda que quere innovar e ofrecer o mellor espectáculo coa mellor música sempre, non deixando que ninguén quede indiferente, todogracias a forza trasmitida por unha xuventude con moitas ganas de tocar, pasalo ben tocando, e facer que a xente o pase estupendamente.

Como di o noso lema Let our music fill you que ven a significar deixa que a nosa música te encha que é o que busca o grupo en todo momento.

Componentes del grupo

Marcelo - Voz.
Iván - Guitarrista.
Diego Conde - Guitarrista.
Luí­s - Baixista.
Diego López - Baterí­a.

Grupos musicales del EISVMusic&Dj